O presidente da FEGAMP imparte na USC a conferencia inaugural do “Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras”

Data: 

luns, 16 Outubro, 2023 (Todo o día)

O presidente da Federación Galega de Municipios e provincias (FEGAMP), Alberto Varela, foi convidado pola Comisión Académica do Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras para impartir a conferencia inaugural do curso, que celebrouse na Facultade de Ciencias Políticas de la Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Na súa intervención, Alberto Varela, sinalou que os concellos gastan aproximadamente un 33 % dos seus fondos en competencias que non son propias e que lles corresponden a outras administracións, e que os concellos gastan aproximadamente uns 1.500 millóns de euros ao ano en competencias propias, mentres que destinan uns 793 millóns en competencias "asumidas", que deberían ser financiadas pola Comunidade Autónoma, ademais doutros 154 millóns en programas de educación e sanidade, "que tampouco lles corresponden".

Durante o seu relatorio titulado, "Ou papel dá Fegamp na defensa do municipalismo galego", Varela sinalou que entre os obxectivos da Federación atópanse "o fomento da defensa da autonomía das entidades locais" así como "promover, representar e defender os intereses dos concellos". Afirmou, tamén, que a realidade é que o que fan "a maior parte do tempo" é "reivindicar fondos a outras administracións", nunha interlocución case diaria coa Xunta de Galicia e o Goberno do Estado.

Para o presidente da FEGAMP os concellos levan "moito tempo queixándose" do "desequilibrio territorial" que existe en España, dado que as administracións locais son sempre "o irmán pequeno" e o resto de administracións son as que ditan "que se debe facer cos fondos". "Temos que estar a pedir a paga do fin de semana para facer aquilo que nos corresponde por norma", e lembrou que tal e como dita o artigo 142 da Constitución Española, os concellos deben nutrirse "fundamentalmente de tributos propios e de participación nos do Estado e das Comunidades Autónomas". Varela afirmou que os municipios "van asumindo cada vez máis competencias" pero que sempre se esquecen "da asignación do financiamento para poder exercelas e da correspondente memoria económica".

Tamén lembrou que se está a traballar para determinar "qué competencias asumen os gobernos locais e cáles son as que lles corresponden ás comunidades autónomas, tentando definir ese marco competencial e o financiamento que lle corresponde a cada un". Apuntou a unha insuficiencia financeira das entidades locais, xa que os concellos galegos tiveron uns ingresos en 2022 de apenas 2.860 millóns de euros (un 18 % do total); mentres que a Xunta recadou máis 12.000 millóns (un 77,6 %). "Desde o ano 2010 a cantidade dos fondos de cooperación local que os concellos recibiron da Xunta apenas variou", salientou Varela.

O presidente da FEGAMP concluíu que competencias como servizos sociais cada vez recaen máis nos concellos, así como outros gastos relacionados con sanidade e educación que non corresponden aos gobernos locais. Tamén denunciou que o 80 % das transferencias da Comunidade Autónoma "está condicionada", polo que os concellos "non poden decidir para que a destinamos". Os ingresos dos concellos que proveñen dos tributos representan, segundo Varela, uns 1.300 millóns ao ano, mintas que 771 millóns proveñen do Estado, 391 da Comunidade Autónoma e 182 das deputacións.