O presidente da FEGAMP participou na inauguración do IV Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

Data: 

mércores, 6 Novembro, 2024 (Todo o día)

Video coa intervención do presidente da FEGAMP

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participou na inauguración do IV Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se está celebrando en Santiago de Compostela ata o venres 8 de novembro.

Este IV Encontro xuntará  a máis de 60 expertos, que van a abordar os retos da ciberseguridad dende unha triple perspectiva: social, empresarial e pública. Ademáis, está a concitar moite interese, sendo máis de 2.300 as persoas inscritas para participar presencial e en "streaming".

Na súa intervención, o presidente da FEGAMP destacou este feito sinalando que este encontro  está a consolidarse como unha cita central no panorama estatal, como o demostra o éxito de participación e todo o interese xenerado.

Alberto Varela sinalo que as entidades locais non son alleas á importancia da ciberseguridade e dos procesos de transformación dixital nos que está inmersa a sociedade no seu conxunto, tamén a sociedade galega. Por iso, destacou que concellos e deputacións levan tempo tomando medidas para que os servizos públicos que prestan sexan cada vez máis accesibles dende a rede.

Tamén sinalou que na actualidade boa parte do traballo desenvolto dende as administracións locais se realiza de modo telemático, tendo esta situación que resolver novos problemas, como os ciberataques para roubar datos, danar os sistemas, bloquear a xestión administrativa e a prestación dos servizos públicos.Estes ciberataques a concellos galegos se duplicaron en dous anos, sendo un 8,5% dos concellos os que comunicaron ciberataques en 2023, fronte ao 4,2% en 2021, segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga).

Ante esta situación, o presidente da FEGAMP apelou á prevención e á inversión en ciberseguridade como unha unha constante, para evitar situacións de indefensión e afrontar eses ciberataques coas mellores ferramentas posibles. O importante non é preguntarse se padeceremos eses ataques, senón cando os padeceremos, polo que as entidades locais seguirán a traballar no fortalecemento tecnolóxico, para poder estar preparados e responder adecuadamente.

Varela confirmou que nese labor están implicados tanto os responsables políticos como as traballadoras e traballadores públicos, dende a responsabilidade e función que corresponde, para saber xestionar un ciberataque e resolvelo do modo máis rápido e eficaz posible.

Entre as sesións do Encontro, no panel de “Xestión de crise de ciberseguridade en Entidades Locais”, e da man da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, se presentou o ataque sufrido nos servidores municipais bloqueando os ordenadores e paralizando a actividade administrativa.

IV Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal