O presidente da Fegamp salienta a importancia da materia deportiva na III Xornada sobre xestión deportiva

Data: 

mércores, 20 Marzo, 2019 - 10:00
Alfredo García, J. Ramón Lete Lasa e Eduardo Blanco na inauguración iii xornadas xestión deportiva

 

Alfredo García inaugurou a III Xornada de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios que organiza a Fegamp en colaboración con AGAXEDE e salientou a importancia de planificar en materia deportiva para conseguir os obxectivos marcados e ofrecer programas deportivos axeitados ás necesidades da Veciñanza

 

Santiago, 20 de marzo de 2019-. O presidente da Fegamp, Alfredo García, inaugurou xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco, a terceira xornada de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública.

 

 A III Edición da Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios, ‘Por unha planificación da xestión deportiva municipal ", celebrouse onte na Escola Galega de ADminsitración Local (EGAP) en Santiago de Comostela coa participación de persoal técnico muniipal en materia deportiva. Esta xornada, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) xunto con AGAXEDE, contou tamén coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña. e a EGAP, e das empresas GADIS e INVERNALIA. A Xornada tratade desde hai tres anos de achegar  as novidades en materia deportiva aos xestores municpais e tamén pretende ser nun foro de opinión no que, de forma conxunta, se expoñan as problemáticas coas que se atopan á hora de planificar o deporte nun concello  e tamén achegar posibles solucións.

 

No acto inaugural, o presidente da Fegamp, Alfredo García, destacou a importancia da materia deportiva xa que conxuga o aspecto deportivo, con outros como o social ou o da saúde: "non é so unha actividade lúdica senón que estamos a falar de saúde e crecemento persoal, de encher o ocio da nosa veciñanza, de crear espazos sociais nos que coñecer xente, nos que crecer, nos que mellorar fisicamente e nos que afastarse de malos hábitos", polo que valorou a impotancia do obxectivo da xornada de afondar na previsión á hora de achegar programación deportiva aos concellos galegos. Neste sentido tamén destacou a importancia de outros obxectivos da xornada centrados na “análise do Plan Estratéxico como ferramenta para mellorar a xestión dos servizos deportivos locais” e o “coñecemento de cal debe ser o contido fundamental dun programa electoral en materia deportiva municipal”.