Data:
xoves, 14 Decembro, 2023 (Todo o día)
Bos Aires (Arxentina), 14 de decembro de 2023.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou este mércores o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, inaugurado en 1998 para impartir ensinanzas oficiais desde a óptica da biculturalidade galego-arxentina.
Santalices Vieira agradeceu o esforzo educativo que desenvolve o centro, “un dos piares esenciais para salvagardar a pegada histórica e cultural dos centos de miles de galegos que ao longo da historia emigraron á Arxentina”.