Data:

Allariz, 5 de xuño de 2025.- O proxecto "Cambia de Bando" desenvolveu unha nova actividade en Allariz. Este proxecto está sendo desenvolvido pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e, dende a colaboración cos concellos,promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.
Nesta ocasión, e coa colaboración do Concello de Allariz, dezaseis mozos e mozas do 4º da ESO do IES Allariz, en Portonovo, participaron na actividade que foi desenvolta polo persoal do propio IES. Dende a FEGAMP quérese salientar a implicación e interese do Concello de Allariz nesta iniciativa.
Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a perecepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.
A seguinte actividade será en Betanzos o 24 de xullo.