O proxecto "Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente" presenta resultados e boas prácticas

Data: 

venres, 28 Novembro, 2025 (Todo o día)

Acceso a vídeo

As Nogais (Lugo), 28 de novembro de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participa nas xornadas “Acompañamento dixital a persoas maiores e emprendemento rural. Conclusións finais do proxecto Montes e Vales Orientas Territorio Intelixente” que se están celebrando estes días, e na que se están a presentar os resultados e boas prácticas do devandito proxecto, dentro dunha labor para revitalizar demográfica, económica e socialmente os 14 concellos da montaña lucense.

As xornadas comezaron coas intervencións de Jesús Manuel Nuñez Díaz, alcalde do Concello das Nogais; de José Antonio Arias Lombardero, xefe de Sección de Innovación e Participación Cidadá na Deputación de Lugo; Fe Álvarez, xerente do GDR "Montes e Vales Orientais", e de Roberto Fernández Rico, vogal da Comisión Executiva da FEGAMP e alcalde de Ribeira de Piquín.

Na súa intervención, Roberto Fernández salientou a participación da FEGAMP no proxecto dende as funcións de representar e defender ao municipalismo galego, apostando polo futuro de Galicia e da súa xente, levando tempo traballando, dende os seus medios e posibilidades, para achegar máis ferramentas, máis cooperación e máis capacidade para que concellos rurais poidan atender ás necesidades das súas veciñanzas en mellores condicións. 

Tamén destacou que o rural galego está dando pasos, con proxectos como este, para abordar retos como a dispersión, o despoboamento e o envellecemento, aplicando innovación social e tecnoloxía útil, dende a sustentabilidade e a identidade cultural. E repasou as Iniciativas do proxecto como o piloto de videoasistencia sociosanitaria nun territorio disperso e con poboación envellecida, que buscan dar resposta a necesidades dende o aproveitamento das oportunidades tecnolóxicas, achegando acompañamento, prevención, autonomía e sobre todo, tranquilidade para as nosas persoas maiores e as nosas familias.

Durantes as xornadas persoas involucradas no proxecto e emprendedores do territorio participaran nestea posta en común da experiencias e de networking para seguir impulsando a economía local e o traballo integrador con todos os axentes do territorio.

XORNADAS PROXECTO MONTES E VALES ORIENTAIS TERRITORIO INTELIXENTE