Data:
Madrid, 25 de xaneiro de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participou en FITUR na presentación da campaña "Deixate Marabillar polo Xeodestino Ancares -Terras de Burón".
Esta campaña engloba ao proxecto "RETTURN: Rede de experiencias turísticas baseadas na tradición rural", que está a ser executado nesa zona pola FEGAMP e pola Asociación Montes e Vales Orientais- GDR3, e que está a promover novas experiencias turísticas no territorio vinculadas a tres tradicións que son seña de identidade e moi arrarigadas nel: as pallozas, a transhumancia e o mel nos dominios do oso pardo.
O proxecto RETTURN ten como obxectivo a recuperación do patrimonio inmaterial para dar resposta á despoboación das zonas rurais mediante a creación de experiencias turísticas baseadas en tradicións locais vinculadas ao entorno rural, busca poñer en valor este patrimonio cultural e recuperar o rural como foco de atracción turística.