O XIII Consello de Comunidades Galegas renova a súa comisión delegada coa entrada de cinco novas entidades

Ourense, 23 de setembro de 2023.

O XIII Consello de Comunidades Galegas renovou no día de onte, coa votación das entidades galegas do exterior, das e dos membros do plenario por cada área xeográfica, a súa Comisión Delegada que contará con 13 membros dos que cinco estréasen no cargo. 

Trátase do Centro Gallego de Marsella na área de Europa, África e Asia; do Centro Galego ENBurgos, a Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e provincia, e do Lar Gallego de Pamplona na área de España e da Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión na de América e Oceanía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia da aportación de tódolos centros galegos nesta nova etapa, que permitirá traballar man a man coa administración galega a prol dos galegos e galegas do exterior durante os próximos anos. 

A nova Comisión Delegada quedou conformada coas seguintes entidades:

ÁREA DE ESPAÑA:

ENTIDADE CC.AA.
ASOC. DE CASAS DE GALICIA DE BARCELONA E PROVINCIA CATALUÑA
LAR GALLEGO DE PAMPLONA-CASA DE GALICIA EN NAVARRA NAVARRA
LAR GALLEGO DE SEVILLA ANDALUCÍA
CENTRO GALEGO EN BURGOS CASTELA E LEÓN

 

ÁREA DE EUROPA, ÁFRICA E ASIA:

ENTIDADE PAÍS
CENTRO CULTURAL GALLEGO DE CUXHAVEN e.V. ALEMAÑA
ASOC. "A XEITOSIÑAS" GRUPO DE BAILE E BANDA DE GAITAS DE ZÜRICH SUÍZA
CENTRO GALLEGO DE MARSELLA FRANCIA
XUVENTUDE DE GALICIA-CENTRO GALICIA DE LISBOA PORTUGAL

 

ÁREA DE AMÉRICA E OCEANÍA:

ENTIDADE PAÍS
ASOC. BENÉFICA CULTURAL DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN ARXENTINA
ASOC. CULTURAL HISPANO-GALLEGA CABALLEROS DE SANTIAGO BRASIL
CENTRO SOCIAL, CULTURAL Y DEPORTIVO DE BOLOS DE VALLE MIÑOR URUGUAI
SOCIEDAD CULTURAL ROSALÍA DE CASTRO CUBA