= Oficina de publicacións da Unión Europea

A Oficina de Publicacións da Unión Europea é unha oficina interinstitucional cuxa tarefa é garantir a edición de publicacións das institucións da Unión Europea. As súas actividades principais consisten en producir e difundir publicacións de carácter xeral e xurídico en papel e formato electrónico; xestionar sitios web - como, por exemplo, EUR- Lex,  EU Open Data Portal, Publicacións da UE, TED (Tender  Electronic Daily),  CORDIS - que facilitan aos cidadáns, aos gobernos e ás empresas da UE información e datos oficiais da Unión en liña; e garantir a conservación a longo prazo dos contidos elaborados polas institucións e organismos da Unión.