Co obxetivo de facilitar o retorno a nosa comunidade dos emigrantes galegos/as e os seus familiares residentes no extranxeiro estableceuse a “Estratexia Galicia Retorna”. Esta estratexia é un conxunto de medidas, que ten como obxectivo facilitar o retorno á nosa comunidade dos emigrantes galegos/ as e os seus familiares residentes no estranxeiro. Pode consultar aquelas cuestións que sexan do seu interese no seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/files/paxina/36173-estrategia-retorna-maqueta-v6-espanol.pdf
A Secretaría Xeral da Emigración -como parte da mencionada Estratexia- creou a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. Desde esta oficina poderán ofrecerlle atención e información sobre trámites, mercado laboral, ou sobre as diferentes liñas de axuda dirixidas a emigrantes retornados.
Por tanto, as accións da Xunta de Galicia, a través de esta Estratexia, están dirixidas a ciudadáns/as galegos/as e aos seus descendentes que residindo fóra de España retornen á nosa Comunidade Autónoma e que estén en posesión da nacionalidade española antes do seu retorno.
Por último, compartir o enlace á web onde poden consultar todo o relativo a “Estratexia Galicia Retorna”: https://emigracion.xunta.gal/es

Sede Electrónica