Os concellos galegos atenderon máis de 17.000 novos solicitantes de servizos sociais durante o confinamento

Data: 

venres, 18 Decembro, 2020 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias publica primeiro estudo sobre os efectos da pandemia nos servicios sociais municipais ao inicio da crise sanitaria, concretamente durante o período de confinamento.

O impacto socioeconómico polo cese de actividade xunto ao illamento domiciliario supuxeron o “colapso” e “saturación” en servizos sociais de moitos concellos, cun importante aumento da demanda xeral en todas as prestacións.

Os concellos galegos atenderon 17.317 novos demandantes de axuda, de xeito que no mes de xullo 6 de cada dez usuarios e usuarias eran traballadores á espera de recibir a axuda por ERTE ou autónomos afectados polo cese de actividade, un 42’86%  familias monoparentais ou con menores a cargo, un 40% usuarios/as do SAF e un 28’57% persoas en risco de exclusión social con traballos vinculados á economía sumerxida (algúns usuarios poden corresponder a varios perfís). Como cabía esperar, a vulnerabilidade entre persoas afectadas polo cese de actividade profesional é moito maior en poboacións grandes mentres que en municipios de menos de 5.000 habitantes, onde predomina claramente o das persoas que precisan asistencia a domicilio.

Por canto a tipo de prestación, o maior incremento asistencial dos servizos sociais produciuse na demanda de axudas económicas para necesidades básicas, que aumentou un  51’10%, seguido do Servizo de axuda ao fogar (18’48 %), medidas de reinserción social (15’72 %) e comedores e outros dispositivos de atención a persoas sen fogar (11’42 %). É preciso sinalar un notable aumento da carga burocrática (31’9 %) pola asistencia para demandas sociais non competencia dos concellos, coma o Ingreso Mínimo Vital e outro tipo de axudas. Neste sentido os concellos reiteran a sobrecarga de traballo para atender ás persoas para suplir a falta de asistencia doutras administracións e reclaman a un articulado que integre as axudas.

Os concellos galegos aportan o 87’4 % dos fondos das prestacións sociais básicas, fronte ao 8’6% da Xunta de Galicia e o 4% do Estado. A resposta social municipal nesta primeira fase da pandemia supuxo un sobrecusto medio de 5.875.680 millóns de euros/mes sen que os concellos recibiran fondos extraordinarios.

 

Descargas: