OS CONCELLOS GALEGOS DEBERÁN CUMPRIR UNHAS NORMAS COMÚNS PARA CONCEDER LICENCIAS DE ANTENAS DE TELEFONÍA



 

Santiago, 28 de abril de 2008. Todos os municipios de Galicia deberán seguir uns procedementos comúns para a concesión de licencias de telefonía móbil. A alarma social xerada polos posibles efectos sobre a saúde destes aparellos contrasta coa necesidade de incrementalos para satisfacer a demanda de servizos tecnolóxicos dos cidadáns. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, o Valedor do Pobo, Benigno López, o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, e representantes dos principais operadores de telefonía celebraron esta mañá en Santiago unha reunión para tratar os problemas derivados da concesión de licencias.

Como consecuencia do encontro, constituíuse un grupo de traballo que comezará a funcionar antes do verán con dous obxectivos básicos: establecer un procedemento co