Data:
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, dirixiou esta mañá sendas cartas á presidenta da Federación Valenciana de Municipios y Provincias (FVMP) e alcaldesa de Requena, Rocío Cortés Grao, e ao presidente da Federacion de Municipios y Provincias de Castilla La Mancha (FMPCLM) e alcalde de Talavera de la Reina, José Julián Gregorio López, na que achegou a solidaridade e apoio en nome de todos os concellos e deputacións galegas.
Alberto Varela salientou na carta aos seus homólogos a consternación coa que dende Galicia estamos a coñecer os peores efectos da traxedia que están a padecer neses territorios, sentindo enormemente todas as vítimas e desexando a pronta localización das persoas aínda desaparecidas.
O presidente da FEGAMP lles confirmou a disposición do municipalismo galego a colaborar en todo o que precisen .