Os concellos reportan un 46% de prazas de socorrismo por cubrir ao inicio da tempada de veraneo

Data: 

sábado, 9 Xullo, 2022 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias traslada á Xunta de Galicia as conclusións dun estudo que sopesa a gravidade da problemática para contratar socorristas e require  medidas para poder ofrecer este servizo nas zonas de baño públicas.

Segundo os datos reportados por 77 concellos,  o primeiro de xullo os concellos non dispuñan de  socorristas para o 37% das prazas en piscinas municipais, estaban sen cubrir o 45% das prazas en praias marítimas e no caso das fluviais esta situación se agravaba ata o 57%.

As achegas municipais permiten concluír que a finalización da prórroga das titulacións, o elevado custo dos cursos e a suba de combustíbeis están a incidir negativamente.

Nas circunstancias actuais, máis da metade dos concellos (57%) non son favorables a ampliar o servizo de socorrismo nas zonas de baño público máis alo dos meses de verán e 9 de cada 10 valorarían positivamente a creación dunha bolsa de contratación.

Ademais de minorar a seguridade das persoas, a ausencia de socorristas impide a obtención da bandeira azul.