OS PERTE

Os Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) son aqueles proxectos de carácter estratéxico con gran capacidade de arrastre para o crecemento económico, o emprego e a competitividade da economía española. Son, asemade, un novo instrumento de colaboración público-privada definido polo Real Decreto-lei 36/2020 de 30 de decembro polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo obxectivo é contribuír a unha xestión áxil e eficiente dos fondos.  

 

  • Quen declara un proxecto como PERTE?

A declaración dun proxecto como PERTE realizarase por Acordo de Consello de Ministros, a proposta do titular do Departamento competente por razón da materia.

  • O Rexistro estatal de entidades interesadas nos PERTES

Vaise crear, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, o Rexistro estatal de entidades interesadas nos PERTE, no que se inscribirán todas as entidades establecidas en España vinculadas ao desenvolvemento dun PERTE, independentemente da súa natureza xurídica pública ou privada.

A entidade rexistrada nun PERTE será considerada preferente para a colaboración con todas as Administracións Públicas en relación co desenvolvemento dese proxecto, participando de forma activa no desenvolvemento da estratexia, tanto a nivel nacional como europeo.

A inscrición no Rexistro poderá ser considerada como requisito necesario para ser beneficiario de subvencións, no caso de que se prevexa así nas bases reguladoras ou na convocatoria destas.

  • Cales son as políticas tractoras nas que se enmarcarán o PERTE?

O Plan de Recuperación, transformación e resiliencia da economía estrutúrase en torno a dez políticas tractoras que van incidir directamente naqueles sectores produtivos con maior capacidade de transformación do tecido económico y social.

Fonte: Presidencia do Goberno de España. Última consulta: 17/03/2021