Data:
ACTOS CENTRAIS: RIBADUMIA 26.06.2019
A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2019 a súa décimo terceira edición.
O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o día contra a droga, que en Galicia ten a súa propia celebración coa campaña "Panos Brancos", cuxos actos centrais da edición de 2019 celébranse en Ribadumia en coincidencia co Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas (26 de xuño), instaurado pola Organización de Nacións Unidas –ONU-, que quere subliñar a importancia decisiva da participación de familias, escolas e comunidade na prevención do consumo de drogas.
Invitamos aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse á campaña, a través da realización de actos e actividades conmemorativas deste día.
Entre outras, propóñense as seguintes:
-Difundir o Manifesto Panos Brancos. Día Internacional contra a Droga 2019, a través da publicación ou lectura pública do mesmo durante o día 26 de xuño.
-Adherirse simbolicamente á campaña, publicando imaxe da mesma ou do seu manifesto a través de Redes Sociais e/ou ás páxinas web dos concellos que apoian a campaña.
-Exhibir en dependencias municipais a bandeira branca contra a droga e o narcotráfico.
-Participar nos actos centrais da campaña Panos Brancos/Día Internacional contra a Droga, a celebrar o martes día 26 en Ribadumia.
-Realizar outras actividades de difusión e sensibilización social, a criterio de cada concello.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Presentación da Campaña | 310.46 KB |
Cartel da campaña Panos Brancos contra a droga 2019 - en formato pdf | 633.07 KB |
Texto do Manifesto | 42.83 KB |