PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA 2020 - CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL

CARTEL PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA

ACTOS CENTRAIS: DIFUSIÓN DIXITAL INTERNET E REDES SOCIAIS 26.06.2020

A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2020 a súa décimo cuarta edición.

O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o Día Internacional contra a droga, establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU. A campaña é itinerante e cada ano realízase nun concello distinto pero este ano, dadas as circunstancias non se vai a facer presencial. Será dixital, con difusión vía Internet e Redes Sociais.

Invitan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo o enlace a un vídeo institucional onde se fala do día internacional e a través da publicación en web e RRSS do documento explicativo da efemérides..

 

Descargas: