Data:
A FEGAMP saúda a reunión de mantida hoxe cos responsables da Xunta e da Delegación do Goberno para coordinar toda a colaboración coas zonas afectadas pola DANA
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, ven de participar na reunión por videoconferencia co conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia e os responsables de Protección Civil y Emerxencias de Galicia solicitada onte conxuntamente coa Delegación do Goberno en Galicia.
Na reunión acordouse coordinar todo o traballo de envío de materiais e apoio loxístico dende Emerxencias 112 da Xunta de Galicia, facendo fincapé en que a demanda máis urxente de colaboración recibida dende as institucións da zona afectada pola DANA é de persoal e material de emerxencias.
Nesa liña, o presidente da FEGAMP confirmou que xa se está a recabar todo o apoio posible, tanto de persoal como de recursos materiais e loxísticos, dos concellos e deputacións con servizos de emerxencias e grupos de emerxencias supramunicipais (GES).
Se piden medios de achique, de mobilización, de arrastre e carga para o transporte, de limpeza, de xeneración eléctrica, rescate acuático, visualización. Os equipos desprazados deberán ser autosuficientes, evitando sobrecargar aos recursos da zona afectada.
Toda esa información recabada se canalizará de xeito urxente a Emerxencias 112 da Xunta de Galicia para que podan estar operativos nas zonas afectadas o máis cedo posible.
Dende a FEGAMP se va manter informados aos concellos e deputacións de todas a novidades que vaian xurdindo.