Data:

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2026.- Dende a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) manifestamos o máis profundo pesar e consternación polo grave accidente ferroviario rexistrado esta mañá en Urda (Toledo).
Queremos trasladar a nosa solidariedade é pésame ás familias e amizades das vítimas, ademais de todo o noso agarimo ás persoas feridas, desexándolles unha pronta recuperación.
A FEGAMP súmase á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e convida a todas as institucións, entidades, e veciñanza a participar nun minuto de silencio hoxe, mércores 28 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, ás portas dos concellos, como mostra de apoio e respecto ás vítimas e en solidariedade cos afectados.






Sede Electrónica