Plan de medidas ante o reto demográfico e Estratexia nacional fronte ao reto demográfico

A Comisión Delegada para o Reto Demográfico aprobou o pasado martes 16 de marzo o Plan de Medidas ante o Reto Demográfico, que contará cun investimento superior a 10.000 millóns de euros, o que supón en torno ao 10% do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia, e que se distribuirán nun total de 130 políticas activas orientadas a loitar contra o despoboamento e garantir a cohesión social e territorial.

Plan de Medidas alíñase co marco da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico e co Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia para establecer unha axenda efectiva de igualdade e cohesión territorial que incorpore aos pequenos municipios nunha recuperación verde, dixital, inclusiva e con perspectiva de xénero.O plan prevé unhas actuacións iniciais que se poñerán en marcha a partir de 2021 e que se estenderán ata 2023, polo que se articula como un documento aberto á inclusión de novas propostas de intervención.

Queres artellar un proxecto sobre reto demográfico? Amplía a información aquí.

Arquivos: