CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS PARA A XESTIÓN DO PLAN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DA REDE DE AULAS CEMIT 2022-2025

Data: 

martes, 25 Outubro, 2022 (Todo o día) a venres, 30 Decembro, 2022 (Todo o día)

 

O Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a xestión do Plan de Reforma e Ampliación da rede de Aulas Cemit 2022-2025 supón una oportunidade única para que os concellos conten cunha aula tecnoloxicamente punteira e que a cidadanía dispoña dun espazo flexible e renovado no que adquirir as competencias dixitais para desenvolverse autonomamente e en igualdade de condicións nesta sociedade dixital.  Ademáis, a través deste convenio tamén se xestionarán as subvencións aos concellos con aulas de referencia.

As entidades locais que se adhiran a este novo convenio que poderán acceder aos seguintes beneficios:

  • A transformación física e arquitectónica dos centros CeMIT.
  • A dotación de equipamento tecnolóxico punteiro e innovador (ordenadores all-in-one, pantallas interactivas, tablets, complementos inclusivos para persoas con discapacidade, impresoras 3D, kits de robótica, drons, gafas de realidade virtual…).
  • A posta en marcha un novo servizo de aula móbil.
  • O reforzo dos servizos dixitais e adaptación da estratexia formativa ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais, que entrou en vigor en xaneiro de 2022.

 

enlightenedenlightenedCómo me adhiro ao novo Convenio?

Para acadar todos estes beneficios as entidades locais teñen que adherise ao Convenio para a xestión do Plan de Reforma e Ampliación da Rede CeMIT.

As entidades locais deben solicitar a súa adhesión cumprimentando os anexos dispoñibles na zona de descargas desta páxina, atendendo a se son:

  • Concellos con aula Cemit de referencia
  • Concellos con aula Cemit non de referencia

Os anexos debidamente cumprimentados deben presentarse a través da Sede Electrónica da Xunta, polo procedemento PR601A, Convenio Rede Cemit, ata o 30 de decembro de 2022.

 

enlightenedenlightenedConcellos sen aula Cemit

A adhesión de novas aulas á Rede CeMIT farase a través un procedemento específico habilitado ao efecto e por concorrencia competitiva, mediante unha convocatoria pública regulada de xeito posterior e independente a este convenio. (Ver cláusulas cuarta e quinta do convenio).

Descargas: