PLANS DE SOSTIBILIDADE TURÍSTICA EN DESTINO. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2021

Data: 

luns, 3 Xaneiro, 2022 (Todo o día)

 

O Goberno acordou o pasado 21 de decembro coa unanimidade das Comunidades Autónomas, os proxectos e destinos turísticos concretos nos que se investirán 615 millóns de euros dos fondos de recuperación Next Generation EU dedicados ao programa de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos.

Os beneficiarios ascenden a 169 proxectos nas diferentes Comunidades Autónomas. A diferencia do programa ordinario de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos –que leva xa dúas edicións--, esta primeira convocatoria extraordinaria non se financia con orzamento propio das tres administracións implicadas (Secretaría de Estado de Turismo, CCAA e entidades locais beneficiarias), si non que se sufraga íntegramente cos fondos de recuperación europeos.

A presentación e selección de solicitudes, así como o reparto dos fondos entre Comunidades Autónomas, seguiu o procedemento establecido na Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos, aprobada por unanimidade en Conferencia Sectorial en jullo pasado. Dos 169 proxectos seleccionados (entre un total de 506 solicitudes presentadas), 153 os xestionarán as entidades locais solicitantes, e outros 16 corresponden a accións de cohesión territorial que desenvolverán as Comunidades Autónomas, pero que impactarán asimesmo nos destinos.

GALICIA    29,38 Millóns de euros 

Ribeira (concello). Deseño e construcción do Museo do Mar de Ribeira, implantación da plataforma SMART "Destino Intelixente", con experiencias, recuperación da senda dos muíños de auga do río Saíñas.

Fragas do Eume (concello). Creación de un centro BTT na lagoa de As Pontes, adecuación de roteiros para bicicletas e adquisición de bicicletas eléctricas, implantación dunha lanzadeira eléctrica e aparcadoiros disuasorios no Parque Natural das Fragas do Eume, área de servizo para caravanas en Cabanas.

Cabo Ortegal (deputación). Creación de programas de experiencias, plan de mellora e acreditación de pequenas empresas turísticas, promoción da gastronomía e productos agroalimentarios locais, rede de centros de interpretación do proxecto de Xeoparque.

Mariñas Coruñesas (entidade xestora da reserva da Biosfera Mariñas). Transformación das infraestruturas turísticas, mellora da accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, potenciación do atrativo turístico dos mercados da Reserva da Biosfera.

Noia (asociación rural de desenvolvemento Ría de Muros-Noia). Sendas litorais, ampliación da rede de miradoiros, desenvolvemento de ferramentas e contidos dixitais, área de servizo para autocaravanas e bicicletas.

Marín (concello). Restauración ambiental da lagoa Castiñeiras, creación de piscinas naturais no borde litoral, creción dunha estación BTT e sistemas de aluguer de bicicletas e patinetes eléctricos.

Baiona (concello). Renaturalización da contorna de Santa Liberata, mellora do carril bici, sistema de aluguer de bicicletas, aparcadoiro disuasorio.

Pontevedra (concello). Continuación da Vía Verde do Salnés no concello de Pontevedra, programa de iluminaciónde espazos naturais.

Sanxenxo (concello). Acondicionamento do acceso e mellora paisaxística de A Telleira, mellora da contorna do Pazo de Quintáns, dixitalización de museos e centros de interpretación.

Condado-Paradanta (concello). Renaturalización nas ribeiras dos ríos, plans de iluminación eficiente do patrimonio, recuperación do patrimonio etnográfico, creación do primeiro museo ao aire libre sobre a Festa do Corpus Christi de Ponteareas.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 20215.99 MB
PDF icon NOTA D E PRENSA231.47 KB