= Plataforma da Conferencia sobre o futuro de Europa

A Conferencia sobre o Futuro de Europa brinda unha oportunidade única no momento preciso para que os cidadáns europeos debatan sobre os retos e as prioridades de Europa. Sexa cal for a túa procedencia ou ocupación, este é o foro para reflexionar sobre o rumbo que queres imprimir á Unión Europea.

O Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión Europea comprometéronse a escoitar aos cidadáns europeos e a dar seguimento, no seu respectivo ámbito de competencia, ás recomendacións formuladas.

Espérase que, na primavera de 2022 como moi tarde, a Conferencia alcance unhas conclusións e achegue orientacións sobre o futuro de Europa.

A plataforma dixital é o  nodo central da Conferencia: é a forma de participar e expresar a túa opinión na Conferencia. Nela, podes compartir as túas ideas sobre Europa e os cambios que consideras necesarios, observar que opinan outras persoas, atopar eventos nas proximidades, organizar o teu propio evento ou seguir o progreso ou o resultado da Conferencia.

MÁIS INFO AQUÍ.

ACCEDE Á PLATAFORMA AQUÍ.