PRAZOS E OBRIGAS DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA MUNICIPAL (REVISTA CONCELLOS GALEGOS INVERNO 2018) (

Data: 

16/01/2018

A transformación dixital dos concellos é unha realidade que xa está en marcha. Pero para completar a metamorfose, os municipios teñen por diante neste eido algúns retos difíciles de liquidar como a resistencia ao cambio, a falta de coñecementos, a imposibilidade de contratar novo persoal municipal ou a necesidade de realizar un grande investimento económico. O pasado martes 16 de xaneiro a Fundación Socinfo levaba a cabo en Santiago de Compostela coa colaboración da Fegamp a xornada Modernización dixital das AAPP en Galicia na que se analizou a posta en marcha e impacto das Leis 39/2015 e 40/2015 de Procedemento Administrativo Común. Dentro desta xornada, Raúl Fernández, responsable TIC da Fegamp, realizou un relatorio baixo o título A experiencia da Administración Local coa intención de facer de guía das obrigas máis destacadas en materia de Administración Dixital para os concellos.

CALENDARIO DE OBRIGAS DA LEI

Lei 39/2015

Tramitación e rexistro electrónico

Calendario de aplicación

2 de Outubro de 2016

> Identificación e firma electrónica

> Dereitos de información e asistencia

> Dereitos do cidadán como administrado

> Tramitación electrónica procedementos

2 de Outubro de 2018

> Rexistro electrónico de apoderados

> Rexistro electrónico xeral

> Rexistro de empregados públicos habilitados

> Punto de acceso xeral

> Arquivo único electrónico

 

Lei 40/2015

Relacións electrónicas entre as administracións. Garantía en Protección de datos

Calendario de aplicación

2 de Outubro de 2016

> Sede electrónica e portal da internet

> Sistemas de identificación e firma das AAPPs

> Intercambio electrónico de datos en contornas pechadas de comunicación

> Seguridade e interoperabilidade da firma electrónica

> Arquivo electrónico de documentos

> Reutilización de sistemas e aplicacións de propiedade da Administración

 

Lei de Contratos e RGPD

Proximamente

> O 9 de Marzo de 2018 entrará en vigor a nova Lei de contratos e a obrigatoriedade da contratación electrónica.

> O 25 de maio de 2018 comezará a aplicarse o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) que entrou xa en vigor o 25 de maio de 2016.

 

DEREITOS DO USUARIO

Dereitos do cidadán como interesado

> A comunicarse a través dun Punto de acceso Xeral

> A non achegar documentos que xa obren en poder das AAPP

> A coñecer o estado dos seus expedientes e a obter copias dos documentos Dereitos de información

> Información sobre procedemento, prazos máximos e efectos do silencio

> Publicación dos códigos seguros de verificación

> Dereito a identificar a oficina de asistencia en materia de rexistro mais próxima ao domicilio

 

CONSECUENCIAS DO INCUMPRIMENTO

1. A lei non determina actuacións en contra dos incumprimentos.

2. Hai xuristas que sosteñen que a normativa abre a posibilidade de facer compensacións na Participación de Ingresos do Estado (PÉ) nun futuro próximo.

3. Determinadas actuacións poden quedar sen efecto (multas, sancións,…) se non son comunicadas e/ou tramitadas por medios electrónicos. Mesmo das persoas físicas pois poden reclamar unha relación electrónica.

4. As comunicacións dos concellos aos receptores das mesmas poden ser inválidas se non son electrónicas cando cumpra e se non están publicadas en sede electrónica no mesmo caso.

5. Notificacións doutras administracións poderá quedar sen resposta coas consecuencias derivadas deste feito.

 

PASOS PREVIOS RECOMENDACIÓNS

> Comprender que é un proxecto común dirixido a toda a organización.

> Identificar na organización un responsable técnico funcional (propio ou externo), que centralice as decisións e sexa referente para os usuarios finais.

> Construír o “Regulamento interno de Administración Electrónica” (Ademais da ordenanza de e-admon) e que sexa de obrigada aplicación na organización.

> Contar con equipamento informático centralizado. De non ser así, sería preciso cubrir esta deficiencia antes de continuar coa transformación dixital.