PREMIO Á INNOVACIÓN BIBLIOTECARIA DE GALICIA 2021. PRAZO: 30-07-2021

Data: 

xoves, 1 Xullo, 2021 (Todo o día) a venres, 30 Xullo, 2021 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade 

Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases do premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento CT237A). BDNS (Identif.): 570021.

Obxecto

O premio á innovación bibliotecaria de Galicia ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia que busquen resultados positivos para a persoa usuaria e que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan.

Beneficiarios

1. Poderán optar a este premio as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os demais requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. As entidades que poden ser beneficiarias poderán presentar a súa solicitude de xeito individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no punto anterior, coas que participen no desenvolvemento de proxectos ou boas prácticas comúns. Neste suposto, todas as entidades solicitantes deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos nesta orde.

En particular, deberán facerse constar expresamente os compromisos asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe do premio que se vai aplicar por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, no suposto de resultar premiado, lle corresponden á agrupación.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aqueles entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

1. Establécese un único premio de 3.000,00 € e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible da súa biblioteca, no seu blog, páxina web ou outros recursos dixitais.

2. O premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.760.3, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: