Presentación da campaña para o 25N

Data: 

mércores, 21 Novembro, 2018 - 11:45
fegamp e COPG presentan o cartel polo bo trato na sede da fegamp

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), presentou o cartel/ilustración para a campaña “Polo bo trato”, con motivo do 25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. Con esta campaña preténdese que as Entidades Locais galegas se amosen libres de violencias e fagan propio o decálogo de boas prácticas en igualdade que acompaña ao cartel.