Data:
O proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente presenta o mércores 26 de xuño en Lugo a ferramenta Aldeas Vivas.
Contribuir a xerar un ecosistema de oportunidades de innovación para a transformación das aldeas en espazos para a vida, o emprego e a autonomía. Esta ferramenta informa da oferta de vivenda e de emprego na zona para captar e asentar poboación.
Trátase dun banco de casas, terras e negocios que están dispoñibles nos catorce concellos que conforman o territorio do GDR Montes e Vales Orientais. Calquera persoa que teña algunha vivenda, negocio, terra ou incluso algunha oferta ou demanda de emprego, pode subila a esta páxina web. A idea é poñer en contacto ás persoas propietarias coas persoas que están interesadas en darlles uso.
Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente é un proxecto financiado pola Secretaría General para el Reto Demográfico. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Goberno de España.