Presentación da II Xornada de Xestión Deportiva

Data: 

mércores, 21 Febreiro, 2018 - 10:30

Esta mañá tivo lugar na sede da Fegamp en Santiago de Compostela a presentación ante os medios de comunicación da II Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos municipios. A xornada, que terá lugar o próximo 16 de marzo está organizada pola Fegamp xunto coa Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE)  e a Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España (FAGDE).  Colaboran tamén na xornada dúas empresas: Gadis e Invernalia.