Data:

O 20 de marzo ás 11:00 horas tivo lugar na sede da FEGAMP a presentación e lanzamento da segunda convocatoria para a selección de piloto galego no marco do Proxecto CELRURAL. Esta xornada tivo como obxectivo dar a coñecer os primeiros resultados do proxecto en Xermade, concello seleccionado na convocatoria de 2024.
A continuación o Centro Tecnológico Nacional ITG, presentou os requisitos da segunda convocatoria de financiación para 2025.
Para rematar a xornada, abriuse unha quenda de preguntas na que os participantes tiveron a oportunidade de interactuar cos relatores, afondar nos contidos expostos e aclarar dúbidas. Este diálogo permitiu enriquecer o debate e fomentou un intercambio de ideas complementario ás presentacións realizadas ao longo do evento.
Operación: 0081_CEL_RURAL_6_E
Este proyecto está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional – FEDER –Programa de Cooperación INTERREG VI – España-Portugal (POCTEP) 2021-2027