Presentación de resultados do proxecto Entering the GIG Economy

Data: 

xoves, 8 Setembro, 2022 - 10:30

 

AGACA e o Concello de Vedra forman parte do proxecto Entering the GIG Economy, financiado no marco do Programa Erasmus+, e liderado polo Condado de Meath (Irlanda).

O seu obxectivo principal é crear alianzas para abordar os riscos e as oportunidades do autoemprego e capacitar os mozos e mozas que queiran traballar neste mercado. A gran maioría dos nosos agricultores e gandeiros pertecen ao grupo de autoemprego.

O próximo xoves, 8 de setembro 2022 dende as 10:30h ás 13:00h terá lugar o evento "2,5 anos do Proxecto GIG: os resultados", no Hotel Oca Puerta del Camino (R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela). 

Neste acto presentaranse os resultados acadados e participarán o resto dos socios do proxecto, que acudirán a Santiago desde Irlanda, Países Baixos e Italia para poñer en común as súas experiencias ao longo destes dous anos e medio nos seus respectivos países en relación coa problemática do autoemprego actual e futuro.

Para asistir ao acto de presentación de resultados, deben inscribirse antes do día 8 de setembro utilizando a seguinte ligazón: https://forms.gle/auy8Jkxdo5WV3h1Q6

Poden atopar máis información sobre o proxecto Entering the GIG Economy aquí.

Descargas: