Presentación en Moeche do segundo piloto do proxecto CELRURAL

Data: 

martes, 1 Xullo, 2025 (Todo o día)

Moeche, 1 de xullo de 2025.- O vicepresidente segundo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Secundino García, participou no acto de presentación do segundo piloto do proxecto CELRURAL que se vai desenvolver en Moeche.

O acto foi presentado pola alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, informando de que a instalación da comunidade enerxética se levará a cabo na nave do mercado municipal, espazo que acollerá a infraestrutura principal do proxecto.

Así mesmo, anunciouse que Moeche converterase no primeiro concello de Galicia en beneficiarse da modificación introducida no Real Decreto-ley 7/2025, de 24 de junio, por el que se aprueban medidas urgentes para el refuerzo del sistema eléctrico, que amplía de dous a cinco quilómetros a área de influencia na que poden operar as comunidades enerxéticas. Esta ampliación permitirá que un maior número de fogares, empresas e entidades locais poidan participar e aproveitar os beneficios deste modelo de enerxía compartida.

Na xornada interviñeron tamén a secretaria-interventora do concello de Xermade, onde se desenvolveu o primeiro piloto de Galicia dentro do proxecto CELRURAL, así como Pablo Álvarez e Eva Méndez, en representación do ITG, entidade que coordina o desenvolvemento técnico da iniciativa.Entre o público asistente atopábanse tamén o alcalde de Xermade, Roberto García e o primeiro tenente de alcalde, José Prieto; a secretaria-interventora de Moeche, Yolanda Ares; a técnica de proxectos da FEGAMP, María Lamelas; o xerente do GDR Seitura 22, Miguel Teixido; José Manuel Golpe, deputado autonómico e consultor enerxético na Oficina de Transformación Enerxética da Deputación da Coruña; e unha trintena de socias e socios da Asociación Comunidade Enerxías Renovables Moeche (ACER Moeche).

 

galer_a_fotos