Previsión 17 de xuño. Hotel San Frasciso, Santiago. Carlos Fernández preside, xunto ao conselleiro de Medio Ambiente, a xornada informativa sobre a mellora da xestión da auga nos concellos de Galicia



Santiago, 16 de xuño de 2008.-  Un total de 150 alcaldes, concelleiros e representantes de empresas relacionadas co sector do saneamento e abastecemento de auga  participan na xornada informativa organizada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Fegamp para dar a coñecer a súa proposta para un novo Plan de Xestión da Auga en Galicia, atendendo así ao requerimento que os alcaldes, ben de xeito individual ou ben a través da Fegamp, lle fixeron á consellería. Esta proposta pretende resolver os problemas cos que se atopan os concellos para facer fronte aos custos de mantemento e construcción dos sistemas de depuración en Galicia.

A esta xuntanza foron convidados os alcaldes de concellos de máis de 2.000 habitantes, que son os que están obrigados pola directiva europea de augas residuais a contar cunha estación depuradora de augas residuais (EDAR), co obxectivo d