PRIMEIRA CONVOCATORIA ANO 2021 AXUDAS IMPLANTACIÓN ZONAS BAIXAS EMISIÓNS E TRANSFORMACIÓN DIXITAL E SOSTIBLE DO TRANSPORTE URBANO E DA MOBILIDADE. PRAZO: 30-09-2021

Data: 

martes, 24 Agosto, 2021 (Todo o día) a xoves, 30 Setembro, 2021 (Todo o día)

 

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana lanza a primeira convocatoria para repartir entre as entidades locais 1.000 millóns de euros dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, destinados á mellora do transporte.

Concellos beneficiarios:
- Concellos capitais  de provincia
- Concellos de mais de 50.000 habitantes
- Concellos de mais de 20.000 habitantes con servizo de transporte público colectivo urbano interior e con Plan de Mobilidade Sostible vixente
- Entidades locais supramunicipais
 
Prazo de presentación de solicitudes:  30 de setembro 2021
 
 
OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN
 
Os proxectos seleccionados deberán cumprir os obxectivos establecidos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aprobado pola Comisión Europea, que abarcan dende compromisos de prazos de execución, a obxectivos relacionados co impulso da mobilidade activa e sostible. De este modo, deberán contribuír a articular un sistema de transporte público urbano "fiable, atractivo, accesible e asumible, con flotas mais modernas, eficientes e sostibles"; coa introdución dun concepto de mobilidade intelixente adaptada aos novos hábitos e co impulso da dixitalización para planificación, xestión e avaliación. Os proxectos deberán estar finalizados o 31 de decembro de 2024. Os concellos poderán implementar zonas de baixas emisións, medidas destinadas ao fomento do cambio modal cara ao transporte público ou actuacións de transformación de flotas do transporte e a súa dixitalización.
 
Financiación ata un 90% dos costes elixibles, establecéndose un importe mínimo de subvención a solicitar en 200.000 euros por cada actuación. No caso da adquisición de autobuses o vehículos de limpeza de propulsión cen por cen eléctrica ou de hidróxeno, se establece un importe unitario de subvención segundo a categoría deste
 
 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE675.43 KB
PDF icon INFOGRAFIA531.8 KB
PDF icon PREGUNTAS E RESPOSTAS424.63 KB
PDF icon PRESENTACION WEBINAR 8 SETEMBRO2.67 MB