Primeira xuntanza da Comisión Executiva da FEGAMP en 2024

Data: 

martes, 16 Xaneiro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou hoxe a súa primeira xuntanza de 2024, e segunda neste mandato, que contou coa asistencia dos seus dezasete membros e abordou unha amplia orde do día.

Comezou intervindo o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, que relatou as principais actividades nas que participou, como na xuntanza en Madrid de constitución do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) do pàsado 19 de decembro, as respectivas xuntanzas cos alcaldes de Boiro e de Cambre sobre asuntos solicitados. O presidente tamén informou da súa rccente participación na xuntanza do Comité Técnico Asesor do Plan CAMGAL celebrada o pasado 11 de xaneiro para coñecer os protolocos aprobados pola Xunta de Galicia para facer fronte ao problema dos pellets na costa, sobre o que tamén sinalou a consulta que se enviou dende a FEGAMP aos setenta e catro concellos costeros para coñecer directamente a situación dos pellets nas súas praias . Tamén lembrou as xestións realizadas diante da Xunta de Galicia sobre a integración da rede galega de trastornos aditivos ao SERGAS, que sigue pendente, e sobre a delimitación de competencias no ámbito da administración local de Galicia, do que se agarda convocatoria para retomar o proceso despois das xuntanzas mantidas en 2023.

Despois, tomou a palabra a secretaria xeral, Patricia Vilán, que informou sobre as xestións realizadas para resolver a situación da detracción dos puntos do carné de conducir das persoas infractoras en vías urbanas en colaboración coa DGT e os concellos afectados. Tamén indicou que está a analizarse a información recibida dende os concelos afectados pola nova Lei do ciclo integral da auga e pola situación creada pola presencia masiva de moscas. En reforzo da información presentada tamén interviron Lucía González e Andrés Núñez, do equipo técnico da FEGAMP, sobre sobre cuestións relativos aos proxectos europeos EC4RURAL, CEL-RURAL e MONTES E VALES ORIENTAIS TERRITORIO INTELIXENTE,  e sobre as transferencias previstas paras as entidades locais nos orzamentos 2024 da Xunta de Galicia, respectivamente.

Por último, o director xeral, José Manuel Chapela, informou da emisión do informe requerido sobre o anteproxecto de Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das conductas adicitvas, e da preparación do informe sobre o proxecto de Orde que modifica a Orde do 16 de abril de 2014 que regula os ingreso e traslados en servizos prestados no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

No debate posterior tamén se abordou a situación do financiamento do Servizo da Axuda no Fogar (SAF) sobre o que se acordou solictar poder celebrar o máis cedo posible unha xuntanza conxunta ao goberno de España e o goberno da Xunta de Galicia na que se poida avanzar na mellora do financiamento desde servizo tan importante.

A seguinte xuntanza da Comisión Executiva da FEGAMP se celebrará o vindeiro 20 de febreiro.

Xuntanza da Comisión Executiva da FEGAMP 16 de xaneiro de 2024