PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN A NIVEL DE BARRIO (PRTR): 19-10-2022

Data: 

mércores, 20 Xullo, 2022 (Todo o día) a mércores, 19 Outubro, 2022 (Todo o día)

 

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2022 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se abre o prazo de participación para a anualidade 2022 (código de procedemento VI406H).

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro), que se tramitará co código de procedemento VI406H.

2. Igualmente, por medio desta resolución, ábrese o prazo de presentación de solicitudes de participación neste programa para a anualidade 2022.

Participación dos concellos

Poderán participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio os concellos que teñan algunha área de rehabilitación integral (en diante, ARI) ou área de rexeneración urbana de interese autonómico (en diante, área Rexurbe) declarada no seu termo municipal, así como os que teñan declarado ou pretendan declarar, antes do acordo de comisión bilateral ao que fai referencia o artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, un contorno residencial de rehabilitación programada (en diante, ERRP) nas condicións establecidas no artigo 10 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. Neste último caso, o concello deberá achegar toda a documentación xustificativa dos requisitos establecidos no citado artigo e realizar a declaración dentro do prazo previsto no ordinal décimo sexto desta resolución.

Bases reguladoras

1. As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras deste programa contidas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, coas especificacións e limitacións recollidas nesta resolución.

2. En todo o non recollido nas bases reguladoras e nesta resolución aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

Financiamento 

1. As subvencións previstas para o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por importe total de 11.485.814,00 euros para a anualidade 2022, procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

2. Este importe poderá ser ampliado no suposto de que exista un incremento do financiamento derivado do acordo subscrito no seo da comisión bilateral de seguimento, polo que o importe final, así como as anualidades de execución, determinarase no momento da autorización do Consello da Xunta da sinatura dos acordos específicos previstos no artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

Prazo solicitudes de participación

Os concellos que queiran participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio na anualidade 2022 deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo que figura como anexo I, no prazo de tres meses, que se contará a partir do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no DOG.

Máis Información

-Na Dirección Xeral do IGVS.

 

Descargas: