PROGRAMA DE MELLORA DA COMPETITIVIDADE E DE DINAMIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO CON USO TURÍSTICO (PRTR). PRAZO: 12-05-2023

Data: 

xoves, 13 Abril, 2023 (Todo o día) a venres, 12 Maio, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Orde ICT/1363/2022, do 22 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para o Programa de mellora da competitividade e de dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico e procédese á súa convocatoria correspondente ao exercicio 2022, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. BDNS (Identif.): 676181.

Obxecto

Financiar os proxectos para a mellora da competitividade dos destinos turísticos e potenciar o turismo cultural mediante a protección, mantemento e rehabilitación en bens e inmobles do patrimonio histórico declarados Bens de Interese Cultural (BIC) ou dalgunha das categorías de protección equivalente.

Beneficiarios

a) As comunidades autónomas poderán solicitar as axudas para os seus bens, ou para bens cedidos por outras administracións públicas ás comunidades autónomas de acordo coa normativa patrimonial aplicable. A cesión deberá acreditarse no momento de presentar a solicitude.

b) Os municipios, representados polos seus respectivos concellos, e as provincias e illas a través das deputacións provinciais e forais, os cabidos e consellos insulares, con independencia do seu tamaño e poboación para os seus bens ou bens cedidos doutras administracións públicas de acordo coa normativa patrimonial aplicable. A cesión deberá acreditarse no momento de presentar a solicitude.

c) As Comarcas ou mancomunidades ou outras entidades locais de base agrupacional previstas na Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local para os seus bens ou bens cedidos doutras administracións públicas de acordo coa normativa patrimonial aplicable. A cesión deberá acreditarse no momento de presentar a solicitude.

Contía

A totalidade da dotación para esta convocatoria de 2022 será de 208.515.913 euros. Distínguense dúas liñas:

Liña 1: Axudas ás Comunidades Autónomas dotada, con 69.500.000 euros para un investimento mínimo de 750.000 euros e un investimento máximo de 3.000.000 de euros.

Liña 2: Axudas a Entidades locais, dotada con 139.015.913 euros para un investimento mínimo de 750.000 euros e un investimento máximo de 3.000.000 de euros.

O pago da subvención realizarase, nun primeiro pago polo 50% da axuda concedida con posterioridade á resolución definitiva e un segundo pago do outro 50% no prazo fixado na convocatoria.

Prazo de Presentación de solicitudes

O prazo será dun mes desde o día seguinte á publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 676181): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/676181

-As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Ministerio, que será accesible na dirección electrónica https://sede.serviciosmin.gob.es, así como a través do Portal de Axudas do Ministerio https://www.mincotur.gob.es/portalayudas, así como da páxina https://sede.serviciosmin.gob.es/es-ES/procedimientoselectronicos/Pagina...

Descargas: