PROGRAMA DUS 5000. AXUDAS PARA INVERSIÓNS A PROXECTOS SINGULARES LOCAIS DE ENERXÍA LIMPA EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO. PRAZO: 07-11-2022

Data: 

venres, 5 Novembro, 2021 (Todo o día) a luns, 7 Novembro, 2022 (Todo o día)

No BOE de 4 de agosto de 2021 publicouse Real Decreto 692/2021, do 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (PROGRAMA  DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia.

enlightenedNa seguinte ligazón podes visualizar a xornada de presentación do programa DUS 5000 que tivo lugar o día 29 de outubro de 2021. Na sesión abordáronse en maior detalle as atuacións subvencionables, entre outros aspectos.
 
O obxectivo do programa é incentivar a transición enerxética e o cambio cara á mobilidade sostible dos pequenos municipios, que teñen máis dificultades para acometer grandes investimentos, mediante proxectos singulares de enerxía limpa. Así, subvencionaranse proxectos de mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas, de fomento dos investimentos verdes -en particular do autoconsumo-, ou de infraestruturas de recarga e impulso do vehículo eléctrico, entre outros.
 
O programa conta cun orzamento inicial de 75 millóns de euros procedentes dos fondos europeos, que poderá ser ampliado sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria e ata que expire a súa vixencia en novembro de 2022.

Que se entende por municipios de reto demográfico?

Para os efectos do establecido por este real decreto, entenderase por municipios de reto demográfico:

  • os municipios de ata 5.000 habitantes;
  • os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes nos que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes.

A determinación da cifra de habitantes destes municipios realizarase de acordo co establecido polo Real Decreto 1147/2020, do 15 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020. As entidades singulares de poboación serán aquelas cuxa denominación e código de 9 cifras figuran no Nomenclátor do INE, e a determinación da súa poboación a efectos do previsto no parágrafo anterior realizarase de acordo co publicado por este. A caracterización de municipio «non urbano» determinarase de acordo co establecido na publicación «Atlas Estatístico das Áreas Urbanas» do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Quen pode ser beneficiario destas axudas?

O plan está dirixido a Concellos, Deputacións, Mancomunidades, Consellos Insulares, Consellos Comarcais, Cabidos e outras entidades públicas con ámbito de actuación en municipios de ata 5.000 habitantes e municipios non urbanos de ata 20.000, nos que os seus núcleos de poboación teñan ata 5.000 habitantes, que presenten proxectos cun investimento mínimo de 40.000 euros.

Que actuacións son subvencionables?

Todas as actuacións que poden conformar os proxectos singulares de enerxía limpa intégranse nestas cinco medidas, que se describen no anexo técnico do real decreto:

MEDIDA 1: Redución da demanda e o consumo enerxético en edificios e infraestruturas públicas.
MEDIDA 2: Instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo.
MEDIDA 3: Instalacións de xeración térmica renovable e de redes de calor e/ou frío.
MEDIDA 4: Loita contra a contaminación  lumínica, iluminación eficiente e intelixente, Smart Rural e TIC.
MEDIDA 5: Movilidad Sostible

 Que importe subvencionarán as axudas?

As axudas subvencionarán o 85% do investimento e o 100% no caso de que teñan a consideración de "proxectos integrais" polo seu significativo impacto na transición enerxética no municipio.

Cando se poderán solicitar estar axudas?

Poderanse solicitar a partir dos tres meses da publicación no BOE do Real Decreto,isto é, dende o 5 de novembro de 2021,  e durante un período dun ano,isto é, ata o 7 de novembro de 2022, o primeiro día hábil posterior a que se cumple un ano natural dende o inicio do prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 12 do Real Decreto 692/2021, polo que o prazo de solicitudes estará aberto ata as 13:00 horas (horario peninsular) de dita data. (Segundo se recolle na Disposición adicional primeira do Real Decreto 991/2021, de 16 de noviembre, por el que se regula la concesión directa de subvenciones a las Comunidades Autónomas para financiar la realización de cuatro programas para la implementación de los Planes Complementarios de I+D+I con las comunidades autónomas, que forman parte del componente 17 del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, publicado no BOE nº 276 de 18 de novembro de 2021).

Onde se presentarán as solicitudes?

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica de  IDAE.

 

enlightenedTexto íntegtro da Disposición final primeira do Real Decreto 991/2021, de 16 de noviembre, por el que se regula la concesión directa de subvenciones a las Comunidades Autónomas para financiar la realización de cuatro programas para la implementación de los Planes Complementarios de I+D+I con las comunidades autónomas, que forman parte del componente 17 del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, publicado no BOE nº 276 de 18 de novembro de 2021).

 Disposición final primera. Se modifica el artículo 4 del Real Decreto 692/2021, de 3 de agosto, por el que se regula la concesión directa de ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), en el marco del Programa de Regeneración y Reto Demográfico del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, que queda redactado como sigue:

«Artículo 4. Vigencia.

Las ayudas que se regulan por este real decreto estarán en vigor hasta el 7 de noviembre de 2022, el primer día hábil posterior a que se cumpla un año natural desde el inicio del plazo para la presentación de solicitudes establecido en el artículo 12 de este real decreto, por lo que el plazo de presentación de solicitudes estará abierto hasta las 13:00 horas (horario peninsular) de dicha fecha.»

Dos. Se modifica en el Anexo I, medida 2, apartado 2, tabla de costes elegibles unitarios máximos (€/kW) para las distintas actuaciones, la última línea de dicha tabla para corregir error de transcripción; donde dice: «Instalación hidroeléctrica para autoconsumo con almacenamiento», debe decir: «Instalación hidroeléctrica para autoconsumo».

enlightenedMÁIS INFORMACIÓN: 

 

Descargas: