PROGRAMA EXPERIENCIAS TURISMO ESPAÑA. PRAZO: 15-03-2022. AMPLIACIÓN PRAZO: 20-04-2022

Data: 

martes, 15 Febreiro, 2022 (Todo o día) a martes, 15 Marzo, 2022 (Todo o día)

 

Con data de 11 de xaneiro o BOE publicou a Orde ICT/1524/2021, de 30 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Programa «Experiencias Turismo España» e se aproba a súa convocatoria para o exercicio 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia https://www.boe.es/boe/dias/2022/01/11/pdfs/BOE-A-2022-417.pdf

Obxecto

Impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas en España, así como aprobar a convocatoria de axudas para o ano 2021.

Entidades beneficiarias

a) Asociacións o Federacións

b) Fundacións

c) Agrupacións de interese económico

d) Empresas turísticas ou pemes establecidas en calquera comunidade autónoma

e) Entidades públicas que actúen como entes de cooperación turística municipal, comarcal ou provincial, e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes

b) Entidades públicas que actúen como entes de cooperación turística de ámbito autonómico, e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes

Proxectos financiables

  1. Innova: Ten como obxectivos impulsar e fortalecer as redes de actores e crear narrativas sobre experiencias inspiradoras que constrúan relatos a nivel país; mellorar recursos; impulsar a mellora da sostibilidade turística e profundizar na transformación dixital dos procesos das Experiencias Turismo España

  2. Integra: Pretende impulsar que a experiencia turística incorpore no seu deseño, de maneira normalizada e adaptada ás distintas realidades, no contexto produtivo local de proximidade a través das dinámicas de economía circular; as comunidades locais e a diversidade de perfiles e no deseño de experiencias

  1. Comunica: Busca mellorar a comunicación das Experiencias Turismo España e convertelas en un dos pilares da promoción exterior do estado. Os ámbitos relacionados coa seguridade e a resiliencia terán especial atención.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 15 de febreiro de 2022 ata o día 15 de marzo de 2022.

Ampliación prazo: 20-04-2022

Buzón para atender consultas: experiencias@mincotur.es

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon GUIA DO PARTICIPANTE1.63 MB