Data:
Entrou en vigor o Regulamento polo que se establece o Programa InvestEU, co ánimo de apoiar o investimento na UE, xa teña este un carácter público ou privado.
InvestEU conta cunha garantía orzamentaria da UE de 26 200 millóns de euros financiada con cargo ós recursos de NextGenerationEU e o marco financeiro plurianual. Con isto agárdase mobilizar máis de 370 000 millóns de euros durante o período 2021-2027, dos cales o 30% contribuirá ós obxectivos climáticos.
Esta garantía ten que operar a través de catro eixos de actuación, que reflexan as prioridades políticas clave da UE:
- Infraestruturas sostibles (proxectos de enerxía sostible, a conectividade dixital, o transporte e a economía circular): 9 900 millóns de euros (37,8%)
- Acceso á financiación das pemes: 6 900 millóns de euros (26,4%)
- Investigación, innovación e dixitalización: 6 600 millóns de euros (25,1%)
- Investimento social e capacidades(educación e a formación, vivenda social ou asistencia sanitaria): 2 800 millóns de euros (10,6 %)
As empresas e os promotores de proxectos poderán comezar a solicitar financiamento a mediados de 2021.
Accede un completo resumo sobre InvestEU aquí.
Como acceder ao portal InvestEU
Preguntas e respostas sobre InvestEU
Fonte: Fundación Galicia Europa
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
REGLAMENTO 2021/523 21 POLO QUE SE ESTABLECE O PROGRAMA INVESTEU | 1.03 MB |