Data:

O programa Interreg Europe, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), apoia á cooperación interrexional europea para reforzar a eficacia da política de cohesión a través do intercambio de experiencias, enfoques innovadores e a transferencia de boas prácticas conxuntas dos 27 estados membros da UE, Noruega e Suiza.
A continuación aparecen as propostas de colaboración emitidas por diversos organismos, no marco da primeira convocatoria de proxectos de cooperación interrexional, que está tendo lugar entre o 5 de abril e finaliza o 31 de maio de 2022:
POLONIA
- Asociación de Municipios "Castelos Góticos Polacos". Asociación de entidades locais.
- Universidade de Ciencias Biolóxicas en Lubin. Universidade pública.
- Universidade de Agricultura de Cracovia (Facultade de Agricultura e Economía). Universidade Pública.
CROACIA
- Axencia de Desenvolvemento Rexional PORA do condado de Koprivca Krizevci. Autoridade pública.
- Instituto de Ordenación Territorial do condado de Primorje Gorski-Kotar.
- Enter Koprivnica LTD. Viveiro de Industrias Cultuerais. Institución de apoio empresarial.
- Instituto de Saúde Pública - Zadar.
LETONIA
- Entidade Local de Smiltene.
MALTA
- Transport Malta.
RUMANÍA
- Instituto Nacional de Investigación e Formación Cultural de Bucarest.
- Green Dixital Innovation HUB - ONG da rexión de Bucarest-Ilfov.
- Universidade de Estudios Económicos de Bucarest
- Axencia de Eficiencia Enerxética e Enerxías Renovables "AE3R Ploiesti-Prahova"
CHIPRE
- Xunta Rexional de Turismo de Pafos.
ACTUALIZACIÓN PROXECTOS 11-05-2022
CROACIA
- THALASSOTHERAPIA CRIKVENICA Hospital Especial de Rehabilitación Médica do Condado de Primorje-Gorski Kotar
MALTA
- Comisión Nacional para a Promoción da Igualdade (NCPE) (Organismo nacional de Igualdade de Malta)