Proxecto CEL_RURAL. Enquisa persoas usuarias / consumidores

Data: 

martes, 14 Maio, 2024 (Todo o día) a sábado, 15 Xuño, 2024 (Todo o día)

 
A Fegamp é socia beneficiaria do proxecto Interreg CEL RURAL: Desenvolvemento de actuacións piloto para o fomento de comunidades enerxéticas locais nas contornas rurais do espazo POCTEP (España e Portugal), a través do cal se deseñarán e porán en funcionamento comunidades enerxéticas nalgúns concellos galegos.
 
Mediante este proxecto, nos próximos meses, traballaremos en identificar e superar as barreiras normativas, técnicas e económicas que limitan a constitución das CEL nos ámbitos rurais, así como identificando grupos de interese nas comunidades enerxéticas nos concellos galegos, elaborando perfís xenéricos de potenciais participantes en comunidades enerxéticas entre a cidadanía, tecido empresarial e asociativo dos concellos. 
 
Para avanzar nestes cometidos, solicitamos a vosa colaboración cumprimentando a seguinte enquisa: https://forms.office.com/e/mscZPL3Tzp    (duración aproximada 5 min.)