Data:
O MITECO presentou ás entidades locais o <<Proxecto para a implantación de sistemas de recollida eficientes que melloren as taxas de reciclaxe a nivel local>> o pasado 20 de setembro, e explicaron as actuacións que se van desenvolver e os resultados que se esperan obter. Nos documentos adxuntos pódense consultar as presentacións empregadas.
Dentro do proxecto contémplanse xornadas de formación, que se adaptarán ao tipo de municipio (rural ou urbano), a súa experiencia previa en recollida separada e o perfil dos asistentes (técnico ou de xestión). As xornadas celebraranse en formato a distancia e a participación nas mesmas será libre e gratuíta.
ANUNCIO DE SESIÓNS FORMATIVAS
Estas sesións estarán orientadas a proporcionar ferramentas para mellorar as taxas de recollida separada de residuos a nivel local, co fin de alcanzar os obxectivos establecidos na Directiva Marco de Residuos da Unión Europea, e por ende, na Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Os contidos das sesións organizaranse tendo en conta a taxa de recollida separada na entidade local (nivel principiante, intermedio, avanzado e experto) e a tipoloxía de entidade local.
== Prazo de inscrición aberto ata o 27 de marzo.
== Procedemento para a inscrición: envío de comunicación ao enderezo eletrónico bzn-sug_residuos@miteco.es indicando:
- Número e data da sesión escollida en función do nivel de implantación da recollida separada e a tipoloxía de entidade local.
- Persoas participantes e os seus datos de contacto
O calendario inicialmente previsto para as sesións formativas é o seguinte:
|
Unha vez o MITECO reciba as solicitudes de participación, realizarán os axustes necesarios para organizar da maneira máis efectiva, en función da demanda, os grupos obxectivo para as sesións de traballo.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Presentación SGEC | 957.05 KB |
Presentación Trinomics-Metroeconomica | 745.32 KB |
Cuestionario de recollida de información sobre xestión de residuos | 44.62 KB |