PROXECTOS PILOTO DE ACCIÓN LOCAL DA AXENDA URBANA. PRAZO: 13-10-2021

Data: 

martes, 14 Setembro, 2021 (Todo o día) a mércores, 13 Outubro, 2021 (Todo o día)

 

PROXECTOS PILOTO DE ACCIÓN LOCAL DA AXENDA URBANA ESPAÑOLA

A implementación desta importante Estratexia resulta clave para lograr a necesaria transición verde, dixital e cohesionada socialmente, dende unha diversidade de ámbitos e sin perder de vista o carácter holístico e integrador.

Entidades beneficiarias

a) As Entidades Locais: Concellos e Deputacións Provinciais.

b) As agrupacións de Entidades Locais

Importe das axudas

Coa doble finalidade de permitir que as axudas cheguen a todo o territorio nacional e de equilibrar o reparto dos recursos dispoñibles na maior medida posible, o importe das ayudas consistirá nunha cantidade fixa por beneficiario identificado de conformidade coas bases desta convocatoria, tendo en conta os diferentes tramos de poboación segundo as cifras oficiais do Padrón referidas a 1 de xaneiro de 2020 e publicadas polo INE.

1) Menos de 5.000 habitantes: 50.000 euros.

2) Entre 5.001 e 20.000 habitantes: 100.000 euros.

3) Entre 20.001 e 50.000 habitantes: 150.000 euros.

4) Entre 50.001 e 100.000 habitantes: 200.000 euros.

5) Entre 100.001 e 300.000 habitantes: 250.000 euros.

6) Mais de 300.001 habitantes: 300.000 euros.

7) As Deputacións Provinciais e as agrupacións de Entidades Locais asimilaranse ao tramo que corresponda en función da poboación que resulte beneficiada polo Plan de Acción proposto.

Obxectivos estratéxicos
– A ordenación do territorio e o uso racional do solo.
– O modelo de cidade e a revitalización da cidade existente, evitando a dispersión urbana.
– A necesidade de atender aos impactos do cambio climático dende os fenómenos urbanos.
– A xestión sostible dos recursos e a economía circular.
– O fomento da proximidade e dunha mobilidade sostible.
– A búsqueda da equidade e unha maior cohesión social.
– O impulso da economía urbana.
– A garantía do acceso á vivenda.
– O impulso da innovación dixital.
– A necesaria mellora dos instrumentos de intervención existentes na actualidade.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación desta convocatoria, e estarán asinadas pola persoa titular da Alcaldía, Presidencia da Entidade Local ou representante da Agrupación correspondente, ou persoa na que se delegue en cada caso.

Mais Información

- Na Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: politicasurbanas.aue@mitma.es

- Na web do Goberno:  https://www.aue.gob.es/que-es-la-aue#Agenda_Urbana_Espanola

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BASES E CONVOCATORIA 2021371.2 KB
PDF icon EXTRACTO177 KB