Data:

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, reuniuse cunha representación da Plataforma Cidadá Queremos Galego! que presentáronlle o proceso social Lingua Vital desenvolvido para
deseñar un protocolo que, partindo dos acordos unánimes arredor da lingua, impulse accións para avanzar no proceso de normalización da lingua galega implicando á sociedade e ás institucións públicas. O resultado deste proceso, como Protocolo Lingua Vital, presentouse o 14 de
marzo na Praza da Quintana de Santiago, e na reunión solicitaron o apoio do municipalismo galego na difusión e implementación do mesmo.
Patricia Vilán recolleu toda a información confirmando que este asutno será tratado polos órganos de dirección da FEGAMP.






Sede Electrónica