- Programa 1. Autoconsumo e almacenamento no sector servizos. Dotado con 120 millóns de euros (20 millóns de euros para almacenamento).
- Programa 2. Autoconsumo e almacenamento noutros sectores produtivos, como a industria ou o agropecuario. Dotado con 175 millóns de euros (25 millóns de euros para almacenamento).
- Programa 3. Incorporación de almacenamento en autoconsumos existentes en sectores económicos. Repartirá 45 millóns de euros entre as Comunidades Autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla.
- Programa 4. Autoconsumo e almacenamento no sector residencial, o sector público e o terceiro sector. Dotado con 215 millóns de euros (15 millóns de euros para almacenamento).
- Programa 5. Incorporación de almacenamento en autoconsumos do sector residencial, sector público e terceiro sector. Dotado con 5 millóns de euros.
- Programa 6. Climatización e auga quente sanitaria obtida con renovables no sector residencial, incluída a vivenda pública protexida. Dotados con 100 millóns de euros.
- O importe concedido inicialmente no RD ascende a 660 millóns de euros, ampliables a 1.320 millóns de euros, en axudas para instalacións de autoconsumo (ata 900 millónsde euros), almacenamento detrás do contador (ata 220 millóns de euros) e climatización con enerxías renovables (ata 200 millóns de euros). Os 660 millóns inicialmente orzados ampliaranse segundo se vaian executando as contías iniciais asignadas a cada Comunidade Autónoma, ata acandar os 1.320 millóns do programa total.
- As comunidades e cidades autónomas deberán comprometer un 80% do orzamento inicial durante o primeiro ano ou terán que reintegrar a metade do non comprometido no prazo de 15 meses desde a publicación no BOE deste Real Decreto.
- A intensidade das axudas variará en función do beneficiario e do tipo de instalación. Para as empresas asignarase unha porcentaxe sobre o volume de investimento inicial –ata un máximo–, mentres que para os particulares e as administracións públicas subvencionarase unha porcentaxe fixa.
- No Anexo V de RD recóllese a distribución do orzamento por CCAA e Ceuta e Melilla, conforme aos criterios de distribución recollidos no citado Anexo.
As comunidades e cidades autónomas diseminaranos por todo o territorio nacional ata 2023, de acordo con criterios transparentes e obxectivos e permitirán crear máis de 25.000 postos de traballo, entre directos e indirectos. Os beneficiarios de municipios con menos de 5.000 habitantes obterán un 10% adicional na súa asignación.
1. Para os programas de incentivos 4 e 5 - Autoconsumo e almacenamento no sector residencial, o sector público e o terceiro sector e Incorporación de almacenamento en autoconsumos do sector residencial, sector público e terceiro sector, respectivamente. (apartado 7 do artigo 11).
2. Para o programa de incentivos 6 Climatización e auga quente sanitaria obtida con renovables no sector residencial, incluída a vivenda pública protexida (apartado 8 do artigo 11).
O artigo 12 e 13 do RD 477/2021 detalla tanto os requisitos para obter a condición destinatarios últimos das axudas como as actuacións subvencionables.
CAL VAI SER O PROCEDEMENTO PARA ACCEDER A ESTAS AXUDAS?
Segundo o artigo 16 do RD 477/2021, as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla destinarán as axudas que reciban como beneficiarias directas das axudas reguladas por este real decreto a calquera dos suxeitos previstos polo artigo 11 deste Real Decreto, a través das correspondentes convocatorias que publiquen, onde se contemplen os requisitos correspondentes para a súa concesión, segundo o territorio en que se apliquen, e de acordo co establecido por este Real Decreto e sen prexuízo dos investimentos directos que aquelas puidesen realizar.
De igual forma, o mesmo artigo establece tamén que a resolución definitiva do procedemento e de concesión da axuda, así como a súa entrega ao destinatario último, corresponde a cada comunidade autónoma ou cidades de Ceuta e Melilla, unha vez comprobado o cumprimento íntegro das condicións e requisitos establecidos e da documentación achegada. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses contados desde a data de presentación da solicitude. En caso de non recibirse resolución no devandito prazo, entenderase desestimada a solicitude. A resolución que se adopte pola comunidade autónoma ou cidades de Ceuta e Melilla poderá ser recorrida na forma establecida na convocatoria.
CONTÍA ADICIONAL PARA PEQUENOS MUNICIPIOS
Co obxecto de afrontar o reto demográfico, o apartado A4. Axudas adicionais do Anexo III do RD (Custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas), sinala que todos os programas de incentivos poderán incrementarse nun 5% adicional naqueles municipios con menos de 5.000 habitantes e nos municipios con menos de 20.000 habitantes en contornas rurais cuxos diferentes núcleos de poboación teñan menos de 5.000 habitantes.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
RD 477/2021 AXUDAS AUTOCONSUMO ENERXÍA RENOVABLE | 761.55 KB |