Data:
Este Real Decreto regula a concesión directa de subvencións con carácter excepcional e por razóns de interese público, social e económico para a rehabilitación e mellora de bens de patrimonio histórico, e en concreto para a rehabilitación e mellora de benes de interese cultural de titularidade pública, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O prazo de execución das actuacións subvencionables será ata o 31 de ouctubro de 2025
Actuacións a financiar e gastos subvencionables:
a) Rehabilitación de espazos para uso turístico
b) Mellora da eficiencia enerxética
c) Actuacións de aclimatación e adaptación ao cambio climático
d) Modernización dos sistemas de xestión de residuos, abordando a prevención e a reducción da xeración dos mesmos e a implantación de sistemas de recollida separada dos distintos materiais que posibiliten a preparación para a reutilización ou a reciclaxe dos mesmos
e) Rehabilitación e aproveitamento de espazos con tecnoloxías intelixentes
f) Mellora da accesibilidade
g) Mellora na iluminación eficiente
h) Reducción do consumo de enerxía e augua
i) Rehabilitación e restauración de Edificios declarados como Ben de Interés Cultural para uso turístico e cultural
j) A redución e compensación da pegada de carbono mediante a elaboración de plans de actuación para a reducción das emisións de gases de efecto invernadeiro
k) A mellora da eficiencia enerxética a través da sustitución das caldeiras diésel ou de combustible por caldeiras de gas natural
l) A introdución de melloras nos sistemas de tratamento de auguas grises
Entidades beneficiarias e importes máximos das subvencións:
1. Comunidades Autonomas
Comunidade Autónoma de Cantabria: 3.079.887,56 euros
Comunidade Autónoma de Castilla-La Mancha: 3.200.000 euros
Comunidade Autónoma de Galicia: 22.700.000 euros
Comunidade de Castilla y León: 5.850.000 euros
Comunidade Foral de Navarra: 4.172.877 euros
Comunidade Autónoma do País Vasco: 5.500.000 euros
Comunidade Autónoma de Aragón: 2.550.000 euros.
Comunidade Autónoma do Principado de Asturias: 5.884.906,17 euros
Comunidade Valenciana: 2.700.000 euros.
Comunidade Autónoma de Extremadura: 4.000.000 euros
Comunidade Autónoma de La Rioja: 2.500.000 euros
2. Entidades Locais que integran á Rede de Cidades Patrimonio da Humanidade:
Alcalá de Henares
Ávila
Baeza
Cáceres
Córdoba
Cuenca
Ibiza
La Laguna
Mérida
Salamanca
Santiago de Compostela
Segovia
Tarragona
Toledo
Úbeda
O importe máximo será 3 millóns de euros para cada unha das cidades que integran esta Rede.
3. Municipio de Manresa:
Subvención no marco do Camiño Igniciano de Manresa 2.713.815,73 euros.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
BOE | 428.77 KB |