= Rede de experiencias turísticas baseadas na tradición rural: RETTURN. Maio 2023 - Novembro 2024

18, 19, 20 setembro 2024 - La Gomera - RETTURN lanza un escaparate virtual con experiencias turísticas baseadas na tradición rural

A Rede Retturn lanza o seu escaparate virtual coas 18 experiencias turísticas baseadas na tradición rural a través de diversas actividades realizadas os días 18,19 e 20 de setembro en diferentes localizacións de La Gomera, en Canarias. 

1, 2 e 3 xullo 2024 - Formación en experiencias inmersivas de las tradiciones rurales

Los días 1, 2 y 3 de julio, el ayuntamiento de Baleira (Lugo), acogió la acción formativa especializada “Sostenibilidad y competencias digitales para el sector del turismo”, dirigida a profesionales del sector turístico y personas interesada en formarse para desarrollar proyectos relacionados con el turismo rural.

12-13 xuño 2024: Encontro en Valencia do proxecto RETTURN – Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural

Valencia, 12 e 13 de xuño de 2024.- Unha delegación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), encabezada pola súa secretaria xeral, Patricia Vilán, participou en Valencia nun novo encontro de coordinación do proxecto RETTURN – Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural, do que a FEGAMP forma parte.

10-11 xaneiro 2024 - Torvizcón - FEGAMP participa no encontro de seguimento do proxecto RETTURN

Torvizcon (Granada), 11 de xaneiro de 2023.- Unha delegación do equipo técnico da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), encabezada pola secretaria xeral, Patricia Vilán, participan desde onte en Torvizcón (Granada) nunhas xornadas de traballo para avaliar o desenvolvemento do proxecto RETTURN e planificar as actuacións do seguinte trimestre.

22 xuño 2023 - Mérida - A FEGAMP participa no encontro de seguimento do proxecto Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural RETTURN

  • ​​ O encontro terá lugar os próximos días 22 e 23 de xuño no Hotel Mérida Palace e contará coa participación de representantes das federacións de municipios de Andalucía, Aragón, Canarias, Extremadura, Galicia e a Comunidade Valenciana porán en común os avances nos seus respectivos proxectos

28 abril 2023 - Navia de Suarna - Acto de presentación do proxecto Retturn aos axentes do territorio

RETTURN: Rede de experiencias turísticas baseadas na tradición rural

Programa Experiencias Turismo España 2021 - Proxecto financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU - Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Acto de presentación do proxecto aos axentes do territorio

Casa do concello de Navia de Suarna – Salón de plenos

Navia de Suarna (Lugo) - 28 de abril de 2023, 12:00 horas.

 

10-11 marzo 2023 - Zaragoza - Responsables das federacións de municipios de Galicia, Andalucía, Canarias, Estremadura, Aragón e Valencia reuníronse para impulsar o proxecto RETTURN

Zaragoza, 10 e 11 de marzo de 2023

Seis federacións de municipios impulsan un proxecto europeo para potenciar os atractivos turísticos das zonas rurais con tradicións en perigo polo despoboamento

A rede Retturn está formada por Galicia, Andalucía, Canarias, Extremadura, Aragón e Valencia