REPARTO TERRITORIAL DA PRIMEIRA PARTIDA DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA

O pasado 23 de marzo, o Consello de Ministros acordou autorizar a distribución territorial do primeiro paquete de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia.

Trátase dunha dotación de 581 millóns de euros (581.121.060 €) que irán destinados a financiar proxectos en materia de saneamento e depuración en aglomeracións de menos de 5.000 habitantes, apoio á implementación da normativa de residuos e corrección de tendidos eléctricos para evitar danos á  avifauna. A distribución destas primeiras subvencións terá agora que ser sometida á Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, aínda que hai que destacar que todos estes proxectos foron, desde o seu inicio, informados, analizados e participados polas Comunidades Autónomas:

 

1. SANEAMENTO E DEPURACIÓN EN MUNICIPIOS PEQUENOS

En materia de saneamento e depuración, aprobouse o reparto dos fondos para actuacións en aglomeracións urbanas de ata 5.000 habitantes. A dotación deste plan é de 100 millóns de euros e o obxectivo é impulsar os investimentos para que poidan cumprir coas obrigacións establecidas na directiva sobre tratamento de augas residuais. .

Este plan para pequenas aglomeracións complementa e amplía os investimentos que a Dirección Xeral da auga está a realizar, nos últimos anos, en actuacións de saneamento e depuración declaradas de interese xeral con financiamento europeo do Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER 2014-2020, e que van continuar co Plan de Recuperación e cos Fondos Europeos do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 co obxectivo de alcanzar a total conformidade coa Directiva sobre tratamento de augas residuais.

enlightenedenlightenedACCEDA Á CONVOCATORIA DE AXUDAS DE AUGAS DE GALICIA DESTINADAS Á EXECUCIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN EN CONCELLOS DE MENOS DE 5.000 HABITANTES

 

2. RESIDUOS E ECONOMÍA CIRCULAR

En materia de residuos e economía circular, aprobouse o reparto dos fondos do plan de apoio á implementación da normativa de residuos, dotado con máis de 416 millóns de euros (416.250.000 euros). Ademais, a este plan súmanse un Programa de Economía Circular, dotado con 1,87 millóns de euros, e o  PIMA residuos, dotado con 3 millóns de euros.

Estas actuacións teñen por obxecto acelerar os investimentos necesarios para mellorar a xestión dos residuos en España e garantir o cumprimento dos novos obxectivos comunitarios de reciclaxe e preparación para a reutilización dos residuos municipais, potenciando a recollida e o tratamento separado como ferramenta para mellorar o aproveitamento de materiais e implementar a economía circular.

A implementación de novas recollidas separadas para distintos tipos de residuos -como  biorresiduos e téxtiles, por exemplo- son obrigacións que quedarán recollidas no proxecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados, que en breves datas irá ao Consello de Ministros para a súa remisión ás Cortes. No caso dos  biorresiduos, o feito de que se recollan separadamente fai que descendan as emisións de metano, á vez que mellora a eficiencia na xestión do resto de fraccións de residuos, por exemplo.

 

3. CORRECCIÓN DE TENDIDOS ELÉCTRICOS

En materia de conservación da biodiversidade acordouse o reparto de 60 millóns de euros en actuacións de corrección de tendidos eléctricos para evitar danos ás aves. A  electrocución da  avifauna en estruturas de condución eléctrica converteuse no principal problema de conservación para moitas das especies incluídas no Catálogo Español de Especies Ameazadas. Existen estimacións conservadoras que se refiren a que cada ano morren  electrocutadas ou por colisión con tendidos polo menos 39.000 exemplares.

 

Fonte: Goberno de España. Última revisión 25/03/2021

Descargas: