Requirimento da liquidación do IVE 2017

Data: 

mércores, 29 Xaneiro, 2020 (Todo o día)

A FEGAMP sinala os orzamentos de 2020 como solución á liquidación do IVE de 2017 que non se transferiu aos concellos. 

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) confía que se fará algún tipo de axuste para compensar a liquidación do IVE de 2017 que non chegou a concellos e deputacións.

As entidades locais de todo o territorio español víronse negativamente afectadas pola entrada en 2017 do sistema de Subministro de Información Inmediata (SII) do IVE que desprazou ingresos dese ano ao ano seguinte. Isto traduciuse nunha caída significativa dos Ingresos Tributarios do Estado (ITE)
contabilizados no ano 2017, polo que o índice que se utiliza para o cálculo das contías correspondentes ás entidades locais tamén descendeu. Este feito non ten xustificación real, dado que non existe unha merma de ingresos, senón que se produce un desprazamento anual dos mesmos. É por iso que a FEGAMP propón como fórmula algunha medida correctora nos orzamentos de 2020 na liña dos orzamentos que non se aprobaron en 2019.

Hai que subliñar, que os técnicos da FEGAMP foron, xunto cos técnicos da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), do Cabildo de Fuerteventura e da Deputación de Tarragona, parte do grupo económico da FEMP que estudou e calculou a perda das entidades locais. No caso das galegas
a perda estimada é a seguinte:
 

PERDA ESTIMADA POR EFECTO SII ENTIDADES LOCAIS GALEGA

Deputacións
Provinciais
Concellos Réxime Cesión
(Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra e
Santiago de Compostela)
Concellos Réxime
Variables
307 concellos galegos
<75.000 habitantes
TOTAL
-28.782.912,02 -12.476.299,38 -17.798.143,26 -59.057.354,66

Xa na X Asemblea Xeral da FEGAMP “FINANCIAMENTO, COMPETENCIAS E SERVIZOS” (29 de Novembro de 2019) apróbase a seguinte resolución en relación a esta materia:

Décimo sexta.- “Esixir do Goberno do Estado que de forma urxente adopte fórmulas para compensar as perdas na liquidación definitiva da PIE correspondente ao ano 2017 derivadas da entrada en vigor do sistema de información inmediata do IVE (efecto SII) cuantificada no caso das entidades locais galegas en máis de 50 millóns de euros”.

A FEGAMP entende que estas correccións levan tempo pero lembra que a Federación Española de Municipios e Provincias xa trasladou esta problemática ao Ministerio de Facenda o 19 de xullo de 2018 (incluso antes de que o fixesen as propias Comunidades Autónomas) no marco da Comisión Nacional de Administración Local, solicitando estudar posibles axustes da normativa contable.