Data:
O proxecto Retturn – Red de Experiencias Turísticas basadas en la Tradición Rural – busca innovar e transformar o concepto de “turismo rural”, mediante a recuperación de tradicións relacionadas co entorno rural para la xeneración de experiencias turísticas memorables. Para isto, seis federaciones de municipios de todo o país estamos a traballar en común desenvolvendo estas experiencias.
No caso da FEGAMP, estase a traballar no ámbito territorial do GDR Montes e Vales Orientais para crear experiencias turísticas en torno ás pallozas e os teitos de palla, a transhumancia e a gandaría de montaña e o patrimonio popular apícola.
Agora, o proxecto da un paso máis achegando formación específica relacionada coa sostibilidade e as competencias dixitais aos axentes do territorio vinculados ou interesados no turismo rural.
Desenvolverase en tres sesións de mañán, e abordaranse dous módulos formativos en cada sesión.
As persoas formadoras impartirán a formación presencial dende Baleira, e será retransmitida en streaming ás outras federacións de municipios e alumnado online.
Esta formación é de balde e estará acreditada polo proxecto RETTURN.
CANDO? 1, 2 e 3 de xullo, de 9:30 a 14:30 horas.
ONDE? Casa do Concello de Baleira. Rúa Dr. Escobar s/n. Baleira. Lugo
MODALIDADE: presencial e online
>>> ASISTIRÁS PRESENCIAL EN BALEIRA? INSCRÍBETE AQUÍ!! (Prazas limitadas. Unha vez cubertas as prazas farase unha lista de agarda por rigorosa orde de inscrición)
>>> PREFIRES SEGUIR A FORMACIÓN ONLINE? INCRÍBETE AQUÍ!! (Prazas limitadas. Unha vez cubertas as prazas farase unha lista de agarda por rigorosa orde de inscrición)
CICLO FORMATIVO I - SOSTIBILIDADE E COMPETENCIAS DIXITAIS PARA O TURISMO RURAL | |||
DATA | MÓDULOS | DURACIÓN | |
01/07/2024 | MÓDULO 1 | Ferramentas para a xestión de proxectos turísticos | 2,5 horas |
|
|||
01/07/2024 | MÓDULO 2 | Oportunidades de financiación para o sector turístico | 2,5 horas |
|
|||
02/07/2024 | MÓDULO 3 | Emprendemento e innovación no ámbito do turismo rural | 2,5 horas |
|
|||
02/07/2024 | MÓDULO 4 | Economía circular e turismo | 2,5 horas |
|
|||
03/07/2024 | MÓDULO 5 | Marketing dixital para a promoción de destinos turísticos | 2,5 horas |
|
|||
03/07/2024 | MÓDULO 6 | Redes sociais para o sector turístico | 2,5 horas |
|
Colaboran:
Concello de Baleira
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa formativo - Sostibilidade e competencias dixitais | 681.34 KB |